Formulario Documentación

A CRTVG dispón dunha ampla selección de imaxes e sons que constitúen un importante patrimonio audiovisual testemuña da historia recente do noso país desde 1985. Desde programas emitidos ata gravacións orixinais están dispoñibles para a súa incorporación en novas producións; publicacións; traballos de investigación; e proxectos culturais.

Co fin de mellorar e axilizar este traballo de atención á sociedade, a CRTVG estableceu un novo procedemento para a recepción de solicitudes a través dun formulario na web corporativa. A partir do rexistro da petición, o Servizo de Documentación escollerá o material adecuado ao proxecto e procederá a enviar copias de traballo ou a convocar presencialmente no Servizo para o seu visionado e selección.

Información: pedidos.documentacion@crtvg.gal
Tarifas


Por favor escolla un tipo de solicitante